11/11/2015
ASEMBLEA EXTRAORDINARIA DE LABAÑOU SOLIDARIA   MARTES 24 DE NOVEMBRO ás 19:30 en primeira convocatoria e 20:00 en segunda convocatoria.   ORDE DO DIA : Informe sobre conclusión dos ...
25/06/2012
Outro ano máis celebrarase a tan esperada XI Sardiñada Solidaria en Labañou coa colaboración da Asociación de Veciños de Labañou. Terá lugar na zona das vivendas do Carmen, detrás do Centro de Saúde o ...
29/03/2012
Estamos a facer unha enquisa online sobre as motivacións para consumir produtos de Comercio Xusto, se queres botar unha mán e darnos a túa opinión para mellorar a nosa estratexia de cara ao Comercio ...

Os Postos de Saúde (tamén chamadas Postas sanitarias)

Trátase de pequenos Centros, en ocasións casas de adobe construídas pola comunidade, que se encontran dispersos polo Distrito

O seu número actual, en estado operativo é de 7 Postas, cinco delas inaccesibles en coche e moi afastadas do Centro de Saúde de referencia, construído polo MINSA (Ministerio de Saúde).

Nelas traballa persoal sanitario non médico, indistintamente feminino ou masculino, na actualidade:

  • Posta de Oyara, cunha enfermeira, unha obstetriz e un técnico sanitario.
  • Posta de Paltaybamba, cun técnico sanitario.
  • Posta de Pampaconas, cun enfermeiro e un técnico sanitario.
  • Posta de Arma, cun técnico sanitario.
  • Posta de Choquetira, cun técnico.
  • Posta de Incahuasi, cun técnico.
  • Posta de Ccarco, cun técnico.

Estas Postas carecen de auga e luz, salvo as de Oyara e Paltaybamba que se encontran na estrada de Quillabamba a Pucyura. Tampouco están comunicadas por radio.

Contan cunhas instalacións en moi mal estado, escaso material e algún medicamento.

Cinco delas só contan cunha persoa técnico sanitario, polo que moitos días quedan desertas, porque el ou ela teñen que levar todos os meses un informe a Pucyura, e en ocasións a Quillabamba, ademais das solicitudes de calquera tipo.