Asamblea Extraordinaria 2015
ASEMBLEA EXTRAORDINARIA DE LABAÑOU SOLIDARIA
MARTES 24 DE NOVEMBRO ás 19:30 en primeira convocatoria e 20:00 en segunda convocatoria.
ORDE DO DIA :
- Informe sobre conclusión dos distintos programas de cooperación desenvoltos pola ONGd.
- Informe sobre doazón da Casa de Labañou Solidaria en Pucyura ó Ministerio de Cultura.
- Informe sobre proxecto de edicición dun libro sobre a historia de Labañou Solidaria e a experiencia desenvolvida, a presentar en acto público nos primeiros meses de 2016.
- Proposta de disolución da ONGd, segundo o art. 35 dos Estatutos.
XI Sardiñada Solidaria en Labañou
Outro ano máis celebrarase a tan esperada XI Sardiñada Solidaria en Labañou coa colaboración da Asociación de Veciños de Labañou.
Terá lugar na zona das vivendas do Carmen, detrás do Centro de Saúde o sábado 7 de Xullo a partir das 20:00 hrs. e como sempre estará amenizada con música e baile.
Alí poderemos degustar unhas saborosas sardiñas, cachelos e pan de broa regado con bo viño. Este ano ademais teremos mercadiño solidario no que pondremos á venda roupa de segunda man doada polas nosas persoas colaboradoras e simpatizantes a prezos de crise (1, 2 e 3 euriños) para recadar fondos para os nosos proxectos, así que se crees na reutilización, reciclaxe, e tes ganas de pasar unha boa tarde en compaña de xente que quere un mundo mellor xa sabes onde atoparnos!!
e lembra o 7 de Xullo a encher de sardiñas o bandullo
A nosa primeira enquisa online
Estamos a facer unha enquisa online sobre as motivacións para consumir produtos de Comercio Xusto, se queres botar unha
mán e darnos a túa opinión para mellorar a nosa estratexia de cara ao Comercio Xusto tardarás menos de 5 minutos. Moitas grazas e unha aperta solidaria.